martes, 7 de marzo de 2017

Uxío marzal e a abelliña ninja

No bicarelo do bico do grelo
bisballaba unha abelliña.
Uxío a apampar co paxaro.
Tornou o grelo florido,
abicháronche os varizos.
Uxío a apampar co paxaro.
Desbrelada en acedume
a abelliña virou ninja;
o Uxío nin a miraba.
Deixo un final aberto:
se o quixerdes rematar,
son de avío as palabras
Novoneira, aguillabella
jrelacedume, semasanta.
(No mesmo, mesmiño
bicarelo do bico do jrelo
sen lacón amor nin nada).

No bicarelo do bico, no cume no coroto, no gume da navalla, a destempo de jrelos floridos escomezamos acedas a entroidada.